CARBALLEIRA CABANA, PAULA

(Contadoris absurdus). Animal da especie dos faladores, moi común en zonas de chuvia. Adoita abrir a boca para contar historias e limpar ben as orellas para escoitalas onde queira que vaia. Gústalle comer e viaxar. Das súas diferentes viaxes pódense encontrar datos en A percura, Robin e a Boa Xente, Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima e Mateo. A súa viaxe máis recente foi a África, ás aldeas Mangalas. As últimas noticias que se teñen dela din que está a preparar unha excursión extraterrestre.

En 2006 foi a primeira gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, galardón creado polo IGAEM, pola súa obra Boas noites.

Imagen de cubierta: VOLCÁN
15,00€
Disponible