NORTON, MARY

Kathleen Mary Norton naceu en 1903 en Buckinghamshire e criouse nunha casa en Bedfordshire, onde localizaría o seu libro Os raspiñeiros, publicado en 1952 e coñecido en todo o mundo.<BR>Logo de casar, viviu en Portugal e no Reino Unido, pero na II Guerra Mundial emigrou a Nova York, onde tivo que manter soa os seus catro fillos. Foi daquela cando comezou a escribir A bruxa novata, cuxa primeira parte se publicou en 1945 e a segunda, dous anos despois. <BR>Os seus libros infantís lograron unha gran sona mundial e foron adaptados por Disney. A autora faleceu en 1992 en Devon.