VEGA, XINA

Rexina Vega é doutora en Filoloxía Románica coa tese Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que publicou numerosos artigos e estudos monográficos. Durante os anos noventa foi docente na área de Filoloxía Galego-Portuguesa da Universitat Autònoma de Barcelona. Exerceu a crítica teatral na revista El Público e a crítica literaria para Quimera, Zurgai, Anuario de Estudos Galegos ou Grial, entre outras publicacións. Tamén foi colaboradora habitual da sección El trujamán do Centro Virtual Cervantes.<BR> No campo da lexicografía formou parte do equipo de redacción dos dicionarios bilingües español-francés da editorial Larousse e do Dicionario Vox galego-castelán.<BR> É Premio Sthendal e finalista do Premio Nacional de Tradución pola obra de Georges Perec El secuestro. Responsabilizouse da edición dos artigos ensaísticos de Suso de Toro Ten que doer. Literatura e identidade. Actualmente é profesora do Departamento de Lingua Española na Universidade de Vigo. Cardume, a súa primeira obra literaria, mereceu o Premio Xerais de Novela 2007, á que sigue agora Dark butterfly (2012).

Cover Image: CARDUMEN
18,00€
Disponible
Imagen de cubierta: NADIE DUERME
14,00€
Disponible