YOUSAFZAI, MALALA

Malala Yousafzai naceu en 1997 no val de Swat, no noroeste de Pakistán. Atraeu a atención da sociedade ao escribir co pseudónimo Gul Makai sobre a súa vida baixo o mandato dos talibán, que prohibiron a escolarización das raparigas da súa rexión. Non tardou en falar en público na súa comunidade sobre a educación das nenas. En outubro de 2012, os talibán sinalaron como obxectivo a Malala e atacárona cando volvía da escola. Sobreviviu de milagre e hoxe continúa a súa campaña a prol do acceso universal á educación. Malala e a súa familia viven agora en Birmingham, Inglaterra, e ela viaxa polo mundo adiante dando charlas sobre a importancia da educación universal. En recoñecemento pola súa afouteza e a defensa activa desa causa, Malala recibiu en 2011 en Paquistán o Premio Nacional Xuvenil da Paz e en 2013 concedéronlle o International Children's Peace Prize e mais o premio Embaixadores de Conciencia de Amnistía Internacional. En 2014 converteuse na persoa máis nova en recibir o Premio Nobel da Paz, que compartiu co activista indio Kailash Satyarthi. En 2017 Malala foi nomeada Mensaxeira da Paz da ONU -a máis nova da historia-, con especial énfase na educación das nenas.

Imagen de cubierta: TODAS SOMOS DESPLAZADAS
16,50€
Disponible