GAGO, MANUEL

Manuel Gago Mariño (Palmeira, 1976) é vilego, da Pobra do Caramiñal. Xornalista e divulgador, dirixe o portal culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega e é profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Edita o blog Capítulo Cero desde 2003 e desenvolve numerosas iniciativas de difusión arqueolóxica e cultural por todo o país. Entre as súas últimas publicacións atópanse " Herdeiros pola forza. Poder patrimonio e sociedade en Galicia " , e as ficcións " Vento e Chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia " (Xerais, 2013), " O anxo negro " (Xerais, 2016) e " O exército de fume " (Xerais, 2018). Fotografía do autor: ©Sole Felloza