COLMEIRO, JOSÉ F.

José Colmeiro (Vigo, 1958). Doutor en literaturas hispánicas pola Universidade de California, Berkeley. Na actualidade dirixe a Cátedra Príncipe de Asturias de estudos hispánicos na Universidade de Auckland (Nova Zelandia) e anteriormente foi profesor nas universidades de Dartmouth e Michigan State nos Estados Unidos. Autor de numerosos libros e artigos académicos, algunhas das súas publicacións máis relevantes son La novela policiaca española: Teoría e historia crítica (1994), Crónica del desencanto: La narrativa de Manuel Vázquez Montalbán (Premio Letras de Oro, 1996), Memoria histórica e identidad cultural: De la postguerra a la postmodernidad (2005) e El ruido y la furia: Conversaciones con Manuel Vázquez Montalbán desde el planeta de los simios (2013). Como editor publicou os libros Spain Today: Essays in Literature, Culture, Society (1995), Las hermanas coloradas de Francisco García Pavón (1999), Manuel Vázquez Montalbán: El compromiso con la memoria (2007), e Éxodo: Diario de una refugiada española de Silvia Mistral (2009). O seu proxecto actual é Visións periféricas, posicións globais: Resituando a cultura galega no século XXI.

Imagen de cubierta: MEMORIA HISTÓRICA E IDENTIDAD CULTURAL
20,00€
Disponible